Recuncho Global
Un espazo para o debate, para a creación, para a arte... A visión dun país singular para un mundo plural. Unha pequena xanela para toda internet. Dende un mundo globalizado cara outro que é posíbel. Unha pegada local, un recuncho global...
16 junio, 2006
11 junio, 2006
Liberdade, esquerda e Galiza teñen xénero feminino
As mulleres sempre foron as marxinadas da historia, ou mellor dito, sempre foron as marxinadas polos homes - e tamén polos historiadores- no proceso histórico da humanidade. Sen embargo, elas xogaban un papel fundamental na familia: facían todos os traballos que os homes non facían (nas labores domésticas, educacionais, laborais na empresa familiar, etc).
Malia esta importante función en múltitude de ámbitos da sociedade do Antigo Réxime (e períodos anteriores) a muller non tiña cabida na elite do mundo no que vivía. Os cadros femininos da elite social eran discriminados nas disposicións testamentarias, pechadas en mosteiros toda a vida, casadas a contragusto e como obxecto de intercambio patrimonial, non recollían o mando da empresa burguesa salvo quedar viuva e sen herdeiros ou situacións dificultosas, non participaban nos entramado político quitando algunha excepción en países protestantes, etc. É así podiamos tirarnos moitísimo tempo enumerando situacións de desigualdade ó longo do tempo
no cumio da sociedade(e por suposto tamén nas capas baixas). Os órganos retores do entramado estamental non contaba coas virtudes das mulleres.
Cando morre o vello réxime estamental, comezan os movementos liberais que buscan alcanzar valores máis democráticos e igualitarios, a muller domina a iconografía da liberdade. Non podemos esquecer aquel cadro romántico de Delacroix onde a bandeira de Francia (e das liberdades) era a figura dunha impetuosa muller. Non obstante, a muller non alcanzaría o sufraxio ata os comezos do século pasado (no noso país en 1933 ca II república española). Ainda que si somos realistas, alcanzaría tal dereito -nun ámbito democrático máis relaxado- en 1978 ca actual constitución.
Actualmente a guerra da igualdade reside, políticamente, en alcanzar o mesmo porcentaxe (ou superior se me apuran) nos cadros dos partidos que detentan esa función social. Por suposto, non esquecemos outras batallas do feminismo como a violencia de xénero, a desigualdade salarial, o respecto social, o machismo verbal, etc. Sen embargo, imos a deternos na chegada a muller a elite política.
O propio feito de centrar o debate sobre a igualdade da muller neste aspecto, indicanos o egoísmo da política, e tamén, a separación desta profesión e a sociedade actual. Pero deixando aparte esta situación egoísta e pouco responsable dos políticos en xeral, deberiamos considerar si o sistema de cuotas é valido ou non. Di un amigo meu de dereito, que si esta idea se impuxera legalmente iría contra a liberdade de expresión... É algo de certeza ten. Imaxinemos que quixeramos montar un partido e non alcazaramos a involucrar no noso proxecto político o número mínimo de féminas. A solución a esta circunstancia sería a imposibilidade - por vía legal - de crear esa asociación política. En todo caso, eu considero que ainda que non sexa por imposición legal os partidos teñen o deber de se esixir un mínimo por coherencia política, ou cando menos aqueles proxectos que se consideran feministas ou progresistas. O BNG sempre se destacou nesta faceta como na participación na marcha mundial das mulleres, campañas contra a violencia de xénero, etc. Sen embargo, acabamos de coñecer que ningunha das grandes cidades galegas vai ter alcaldesa do Bloque. Non porque perderan en Vigo o proceso electoral contra Corina Porro. Senón por algo moito peor: por poñer o freno de mán ó feminismo, así como o progresismo e nacionalismo en xeral.
E iso que os valores que defenden, como liberdade, esquerda ou Galiza teñen xénero feminino.
07 junio, 2006
Unha tráxica comedia no mar. Historia de contradicións e necesidades

En ocasións, as persoas parecémonos a outros elementos da natureza. Recordo que unha vez un percebeiro comentoume:"os percebes precisan que o mar ós bata ven forte para creer". O percebe gústalle estar nas rochas preto da costa, pero xa ben entrado o mar, para coller toda a forza deste, na súa faceta máis agresiva e crecer de tamaño. Sabe que ó pode destruir, non obstante, este marisco nace nestes penedos porque é consciente de que é o único xeito de medrar. Polo tanto, esta semente do mar sabe que pode morrer no intento, pero non quere quedar relegado a ser unha especie de segunda categoría, de aí que se ubíque en primeira liña de costa. Por outra banda, o mar xoga outro papel contradictorio. Bate con forza, onda tras onda, no seu empuxar constante, malia que pode destruir as especies mariñas que lle dan vida, caso do percebe. A súa postura vólvese compricada xa que tamén é o único xeito que os mariscos -como os percebes (entre outros)- próximos a franxa costeira máis abrupta, podan ampliar o seu crecemento vital. Aí esta unha situación complexa, malia ser, necesaria para ambos protagonistas. Ningún cesa no seu empeño pola importancia que a súa aportación ten para o outro dos actores, nesta tráxica comedia mariña. Os seres humanos tamén sufrimos estas situacións, contradictorias pero necesarias, cunha dor profunda pero acompañada dun crecemento fecundo. A nosa longa traxectoria vital necesita que se den estas situacións contradictorias, malia que o resultado só se albisque nun medio ou longo prazo.


